Facenda negocia contra o reloxo para convalidar no Congreso o decreto dos remanentes dos concellos
O Ministerio de Facenda apura as negociacións para convalidar o próximo xoves no Congreso o decreto dos remanentes dos concellos. Polo momento, non ten o apoio de ningún partido, salvo o do PSOE. Para a súa voceira Adriana Lastra, "é un bo real decreto para os concellos e soluciona un problema que nos deixou enriba da mesa o señor Montoro. Sería inexplicable que non saíse adiante".
Pero o certo é que, a esta hora, nin sequera conta co apoio o dos seus socios de Podemos. O voceiro de En Comú Podem, Gerardo Pisarello, asegura que "se o Ministerio de Facenda non se move, En Comú Podem votará en contra". Pola súa parte, Pablo Echenique, pedía agardar a ver como evolucionan as negociacións para despois "ter un debate na dirección do grupo parlamentario ao respecto".
Tamén se pronunciu sobre o tema Gabriel Rufián. Asegura que "a non ser que haxa un cambio de 180 graos, a posición de ERC é clara no non".