Facenda garante a atención presencial para facer a declaración
Publicado o 02/06/2021 16:51
Son moitos os que xa cumpriron coa Axencia Tributaria e presentaron a súa declaración da renda, pero este mércores comeza a quenda das persoas que solicitaron cita previa para recibir atención presencial.
Nas oficinas estase a cumprir coas medidas de seguridade da covid-19. A cita previa hai que solicitala na web da Axencia Tributaria, na aplicación móbil ou a través do teléfono. O problema é atopar un oco libre.
Dende o Ministerio de Facenda fan unha chamada á calma, e aseguran que nos días vindeiros habilitarán medios para que ninguén quede sen asistencia en oficina. O prazo remata o 30 de xuño.