CRTVG

Buscar

Facenda estuda repartir 9.000 millóns de euros entre as autonomías cun decreto

Publicado o 26/02/2019 15:18

O Goberno admite que quere repartir 9.000 millóns de euros entre as comunidades antes das eleccións e confirma que traballa nunha oferta pública de emprego. Fracasadas as contas, a ministra de Facenda avanza que se buscan fórmulas legais para poder facelo. 

Facenda estuda vías xurídicas para facer a repartición de 9.000 millóns de euros entre as comunidades autónomas antes de que se celebren os comicios xerais. Unha das fórmulas que se estuda é o decreto lei, que os socialistas defenden ante as críticas doutros grupos.

Adriana Lastra, voceira do PSOE no Congreso: "En todas as lexislaturas, e o saben todos vostedes, validáronse en deputacións permanente decretos. Polo tanto, normalidade democrática. Dixemos que imos gobernar ata o último minuto desta lexislatura".

Sobre a mesa está tamén a convocatoria dunha oferta pública de emprego que quere pechar cos sindicatos e outras medidas de carácter social. Unidos Podemos cuestiona o fondo e as formas.

Irene Montero, voceira de Podemos no Congreso: "Insisto en que todos os Goberno teñen lexitimidade en usar os mecanismo electorais porque así o fixeron sempre. Pero resulta un pouco sorprendente que medidas que nunca o Goberno faría por si mesmo xusto cando se convocan eleccións decidan que queren implementalas a través de real decreto lei".

É o debate horas antes do último Pleno do Congreso da actual lexislatura que comeza esta tarde.









 

Noticias web

26/02/2019