CRTVG

Buscar

Facenda estuda que os pais devolvan o desgravado por doar a colexios concertados

Publicado o 05/02/2019 14:56

A posibilidade de que Facenda obrigue os pais a devolver o desgravado por doazóns a colexios concertados coouse no debate durante a comparecencia da ministra de Educación no Congreso. Celaá dixo que o cómputo desas deducións supera os 1.000 millóns de euros.

Isabel Celaá, ministra de Educación: "O ministerio de Facenda fará a análise correspondente e haberá unhas desgravacións que serán válidas e outras que ao mellor non o son tanto".

Outro punto de desencontro foi a posibilidade de que os alumnos en prácticas formativas deban cotizar. O PP acusou o Goberno de xerar contradicións e a ministra dixo que non apoiarán a iniciativa se é prexudicial.

Isabel Celaá, ministra de Educación: "Se así fose, teñan vostedes moi presente que o Goberno estará en contra desta medida".

Celaá falou da lei de educación que prepara o Goberno. Dixo que eliminará as clasificacións de centros nas avaliacións de diagnóstico, que se farán en cuarto de primaria e en segundo de secundaria e non ao final de cada etapa educativa. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/02/2019