CRTVG

Buscar

Facenda elevará a 10.000 euros o importe exento de tributación nos premios

Publicado o 16/05/2018 23:07
Facenda elevará a 10.000 euros o importe exento de tributación nos premios

A Comisión de Orzamentos do Congreso dos Deputados incorporará unha enmenda parcial nas contas para elevar o importe exento de tributación dos premios e loterías ata 10.000 euros este ano, 20.000 en 2019 e 40.000 en 2020.

PP e Ciudadanos pactaron esta emenda, pola que se elevaría progresivamente o mínimo exento de tributación, que actualmente está en 2.500 euros para loterías do Estado, comunidades autónomas, Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE), Cruz Vermella Española e entidades análogas europeas.

Así, os premios inferiores a 10.000, 20.000 e 40.000 euros en 2018, 2019 e 2020, respectivamente, estarán exentos de tributación e os que superen estas cifras só o farán a partir dese nivel.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018