CRTVG

Buscar

Facenda comprométese con Feijóo a buscar unha solución para non reducir o IVE

Publicado o 10/08/2018 09:12

 

 

O Ministerio de Facenda comprométese a buscar unha solución para ingresarlle a Galicia os 198 millóns de euros da recadación do IVE do pasado decembro. Anunciouno Alberto Núñez Feijóo tras reunirse en Madrid con María Jesús Montero. O presidente da Xunta di que a ministra coincide con el en que é unha cuestión que prexudica todas as comunidades.

Alberto Núñez Feijóo e María Jesús Montero coinciden no diagnóstico sobre o IVE, segundo Feijóo, que engade que a retención desa mensualidade que reclaman outras comunidades, produciría un enriquecemento inxusto da admnistración xeral, en palabras do presidente.

Nun comunicado, o Ministerio de Facenda critica que o cambio na lei da xestión do IVE que aprobou o goberno anterior supoña unha liquidación menor no 2019 e comprométese a buscar unha solución para que as comunidades poidan recuperar eses fondos. Feijóo confía en incluir eses 198 millóns nos presupostos do ano que vén.

A ministra confirmoulle tamén que van buscar a forma de compensar as autonomías que non recorreron ao Fondo de Liquidez Autonómico ou ao Plan de Pagamento a Provedores, e que no caso de Galicia son 85 millóns de euros ao ano.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018