CRTVG

Buscar

Facenda anuncia cambios no cálculo do valor dos inmobles que afectará os impostos

Publicado o 15/10/2021 15:26

A partir do ano que vén os impostos que teremos que pagar pola compravenda dun piso xa non virán determinados polo valor real que tiña ata o de agora, senón por uns novos valores de referencia que se calcularán en base aos informes do mercado inmobiliario. Aínda que Facenda insiste en que este cambio non suporá unha suba nas tributacións, os asesores fiscais non pensan o mesmo.

Segundo a Asociación Española de Asesores Fiscales, os compradores, por exemplo, dun piso usado na rúa Uruguay de Vigo poderían chegar a pagar ata 10 mil euros máis en impostos con estes novos valores de referencia.

Uns cambios que non terían efecto retroactivo, polo que só afectarán ás operacións que se fagan a 1 de xaneiro do ano que vén.

Noticias web

15/10/2021