CRTVG

Buscar

Facebook recoñece que compartiu datos de usuarios cos fabricantes de móbiles

Publicado o 04/06/2018 21:24

Facebook admite que compartiu datos dos seus usuarios con 60 fabricantes de móbiles. A rede social saíu ao paso dunha información do xornal The New York Times, que denunciaba que as compañías tecnolóxicas tiveron acceso a información persoal como o estado sentimental, a asistencia a eventos, relixión ou afinidades políticas. Facebook nega que compartise esa clase de datos e só recoñece as listas de contactos e fotografías das que os usuarios deron o seu consentimento.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2018