CRTVG

Buscar

Facebook non ten "ningunha intención" de irse de Europa

Publicado o 22/09/2020 22:20
Facebook non ten "ningunha intención" de irse de Europa

O xigante tecnolóxico Facebook non ten "ningunha intención" de deixar de prestar servizo na Unión Europea (UE), aínda que advertiu de que non podería operar "como agora" en caso de que se faga efectiva unha prohibición sobre a transferencia de datos persoais de usuarios europeos cara os Estados Unidos

Foi o vicepresidente de Asuntos Globais e Comunicacións na compañía estadounidense, o británico Nick Clegg, quen fixo esas precisións este martes nun debate sobre o futuro da economía europea no marco da European Business Summit.

Clegg desmentía así as informacións que aseguraban que Facebook ameazara con irse de Europa se ten que deixar de transferir datos aos Estados Unidos.

Noticias web

22/09/2020