CRTVG

Buscar

Facebook é a rede social que máis seguidores perde

Publicado o 18/02/2020 22:01

O tempo non pasa en balde. Nin o tempo nin a busca constante do diferente. Nin sequera para a rede social que revolucionou o xeito de comunicármonos. Facebook é xa historia para as xeracións máis novas.
Non o din eles, dío o informe anual que sobre o uso das redes sociais elabora unha coñecida consultora. Confirma que dos 25 millóns de españois que utiliza algunha plataforma, dous millóns marcharon de Facebook. Di tamén que os que quedan son maiores.

En contrapartida, a entrada de novas fórmulas. Hai unha que gaña por goleada. A raíña das plataformas sumou no 2019 un millón de internautas, chegou aos 16 millóns de usuarios e deixou moi atrás o xa envellecido Facebook e tamén o Twitter, que ten menos clientes pero, porén, os que están rechouchían e chían máis que o ano anterior. Afacernos a estes novos verbos é o que toca, como toca saber que instagramear é a opción favorita dos internautas.











 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2020