CRTVG

Buscar

Facebook ameaza con non prestar servizos na UE se lle prohiben dar datos dos usuarios europeos aos EUA

Publicado o 21/09/2020 16:23

Facebook ameaza con non prestar servizos na Unión Europea. Farao se lle prohiben facilitar os datos persoais dos usuarios europeos aos Estados Unidos.

A xustiza europea argumenta vulneración da privacidade e os responsables do xigante tecnolóxico insisten en que se non lle permiten transferir os datos dos usuarios non prestarán servizos nin de Facebook nin de Instagram na Unión Europea.

Haberá que agardar a ver o que di a xustiza.

Noticias web

21/09/2020