CRTVG

Buscar

Fabricación de turróns artesáns para o Nadal

Publicado o 12/11/2019 21:26

Falta pouco máis dun mes para o Nadal. Pode parecer moito tempo, pero nalgúns lugares, como as panaderías, traballan xa contra o reloxo. En especial, as que fan os doces e os turróns artesáns que adozarán as nosas mesas.

Os preparativos do Nadal quentan motores e Claudio tómalle a temperatura ao chocolate.

O proceso ten o seu aquel. Logo de que o chocolate estea fundido, cómpre arrefrialo para traballar ben a pasta. Membro da cuarta xeración de panadeiros no Porriño, hai dez anos que Claudio introduciu a pastelería no negocio familiar. A súa última revolución son os turróns artesáns que elabora libra a libra e con moito agarimo.

O turróns artesáns teñen moita demanda no Porriño. Como non levan conservantes e unha proporción de azucre menor do 30%, son un produto exclusivo da temporada. Cada ano suma máis sabores e máis ingredientes ecolóxicos. 

Para a campaña de Nadal neste obradoiro fabricarán máis de 200 libras de turrón artesán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/11/2019