CRTVG

Buscar

Fabiola García: "Galicia será a primeira en elevar a rango de lei as políticas demográficas"

Publicado o 06/02/2019 12:15

"Considero que cando falamos de Política Social nada é suficiente. Nunca nos podemos estar 100 % satisfeitos. É unha consellería de investimento, todas as políticas destinadas á xente son un investimento para mellorar o benestar de todos os galegos".

Educación

"O Goberno galego comparte co central apostar pola educación dos nenos de cero a tres anos. Desde esta consellería poñemos en marcha novos recursos de conciliación no rural galego, non só para os pais e nais de grandes cidades que teñen máis opcións, máis recursos de conciliación".

"Contamos con máis de 24.000 prazas públicas para nenos de 0-3 anos"

Casas niño e casas do maior

"Estamos a poñer en marcha as casas niño para que os nenos de 0-3 anos pasen o día. Esperamos finalizar a lexislatura con 76 casas niño espalladas sobre todo polos concellos rurais. Tamén estamos a traballar nas casas do maior para levar os recursos á casa das persoas maiores o preto da súa casa e por eso as puxemos en marcha para que pasen xuntos todo o día e despois marchar para casa. A semana que vén rematamos coas primeiras 30 e queremos rematar a lexislatura con 60".

Conciliación

"Temos que darlles todas as facilidades ás familias que decidan ter fillos. Creamos recursos de conciliación, por exemplo, as casas niño, ou a creación de máis prazas públicas e novas prestacións, como a Tarxeta Benvida, co Bono Concilia ou o Bono Coidado para por exemplo costear unha ludoteca".

"Isto ten que chegar a ser un dereito, algo permanente. Para min conciliar é tamén ter tempo para os nosos maiores. Pedimos a implicación de todas as empresas para poder conciliar cos nosos maiores".

"O ano 2019 é o ano de incrementar as contías das prestacións ás persoas dependentes". 

Demografía

"Cando falamos de demografía, non é só un reto da consellería de Política Social, ten que implicarse todo o Goberno galego, é política de vivenda, de ordenación do territorio, prestacións, emprego, medio rural. A Xunta de Galicia será a primeira que leve a rango de lei a política demográfica".

"Nas videiras semanas Galicia será a primeira comunidade autónoma que eleve a rango de lei as políticas demográficas. A Xunta comezará a que será a primeira Lei de impulso demográfico en España".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/02/2019