CRTVG

Buscar

Fabiola García: "A dose extra daralles confianza ás persoas maiores"

Publicado o 21/09/2021 16:12

A administración desta terceira dose comezou hoxe en Santiago, e estenderase ao resto das áreas sanitarias. A idea é que o reforzo da vacina chegue cando antes ao maior número de maiores.

"Hoxe coa inoculación desa terceira dose daralles un extra de protección, de seguridade e tamén de confianza a moitas persoas maiores de Galicia e tamén ás súas familias, menos dunha semana despois de que a Ponencia Nacional de Vacinas recomendara esa terceira dose, Galicia comeza cos deberes feitos", dixo Fabiola García, conselleira de Política Social.

 

Noticias web

21/09/2021