CRTVG

Buscar

Ezequiel Ponce, a opción do Celta para rotar na dianteira

Publicado o 17/08/2021 11:22

Carlos Mouriño e Eduardo Coudet deixaron claro que o conxunto celeste precisa un defensa e un dianteiro para rematar a confección do cadro de xogadores para esta temporada. O central elixido semella ser o brasileiro Bruno Fuchs, mentres que para os goles o futbolista arxentino Ezequiel Ponce é un dos mellor colocados.

No Celta gusta moito este xogador. Dianteiro de 24 anos con moita mobilidade. Pertence ao Spartak de Moscova, co que marcou 9 goles a pasada temporada.

A entidade viguesa negocia unha cesión. Ponce, que acaba de xogar coa selección arxentina nos xogos de Toquio, non ocuparía praza de estranxeiro ao ter pasaporte español.

Xogou no Granada, na Roma, no Lille francés e no AEK de Atenas antes de recalar no fútbol ruso. Coudet, que xa deixara claro a necesidade dun perfil ofensivo ("Temos só dous dianteiros e xogamos cos dous"), avala a súa chegada.

Noticias web

17/08/2021