Extírpanlle o bazo á muller agredida pola súa ex-parella en Ponteareas
Publicado o 30/01/2020 14:21
A muller agredida pola súa ex-parella en Ponteareas tivo que regresar ao hospital para extirparlle o bazo, debido aos golpes que recibiu.
Xa volvera á casa despois dunha intervención cirúrxica e varios días ingresada, pero as graves lesións que sufriu levárona de novo ao centro hospitalario. A muller está en reanimación e evoluciona favorablemente. A agresión producírase o 15 de xaneiro. O seu fillo intentou protexela e tamén saíu ferido. A vítima tiña unha orde de afastamento ditada semanas antes.
O home, que fora arrestado no mesmo día do suceso, ingresou no cárcere da Lama, despois de que decretaran para el prisión provisional comunicada sen fianza.