Extinguido un incendio forestal en Silleda que afectou 12 hectáreas
Publicado o 02/05/2019 09:14
Incendio forestal en Silleda. A alarma saltou contra as once da noite e as lapas estendéronse con rapidez debido á forza do vento.
O lume orixinouse nunha zona de difícil acceso da serra do Candán, na parroquia de Parada, e quedou extinguido seis horas despois, contra as cinco da mañá.
Durante a noite traballaron alí un axente, catro brigadas e tres motobombas. Afectou 12 hectáreas, dez de raso e dúas de arboredo.