CRTVG

Buscar

Extinguido o lume nun portacontedores con produtos perigosos na costa do Canadá

Publicado o 25/10/2021 08:02
Extinguido o lume nun portacontedores con produtos perigosos na costa do Canadá

Dáse por extinguido o incendio que afectaba varios contedores dun barco cargueiro fronte á costa do Canadá. O servizo de gardacostas recibiu o aviso do incendio o sábado pola mañá. Afectaba dez contedores a bordo dun barco situado a uns oito quilómetros de Victoria, a capital da Columbia Británica. Horas antes de declararse o incendio, caeran 40 contedores do barco. Varias das caixas contiñan material perigoso. Dezaseis tripulantes foron evacuados e o capitán e outros catro membros da tripulación permaneceron a bordo da embarcación.

 

Noticias web

25/10/2021