CRTVG

Buscar

Extinguido o incendio forestal de Vilar de Barrio tras calcinar 27 hectáreas

Publicado o 18/08/2021 09:38
Extinguido o incendio forestal de Vilar de Barrio tras calcinar 27 hectáreas

O incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilar de Barrio, na parroquia de Prado, quedou extinguido ás 22:25 horas do martes, segundo informa a Consellería do Medio Rural. O lume, que se iniciou na noite do pasado domingo, afectou, de acordo coas últimas medicións, unha superficie de 27 hectáreas arborizadas. Para o seu control mobilizáronse nove axentes, 32 brigadas, tres helicópteros e 13 motobombas, entre outros efectivos, sinala o departamento autonómico.

Por outra banda, a Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Para denunciar calquera actividade incendiaria da que se sospeite ou teña coñecemento está habilitado o 900 815 085.

Noticias web

18/08/2021