CRTVG

Buscar

Investigan a orixe do incendio que calcinou tres barcos en Pontevedra

Publicado o 10/11/2019 08:54

O incendio comezou de madrugada e mobilizou os bombeiros de todos os parques do sur de Pontevedra, que deron por controlado o lume contra as 8 da mañá. Nas instalacións só estaba un garda de seguridade, que non sufriu danos.
As lapas, o fume e os estouridos dos produtos inflamables que había no estaleiro alertaron a veciñanza e obrigaron incluso a pechar a autovía entre Pontevedra e Marín durante a noite.
Esta mañá, as instalacións seguían fumegando e os bombeiros continuaron cos labores para arrefriar a zona e os depósitos de combustible e evitar que reavivase o lume.

"No incendio non houbo desgrazas persoais. O que si houbo foron perdas materiais moi importantes, dado que afectou a metade do estaleiro e, por outro lado, tamén afectou a dous barcos grandes que se poden ver aquí detrás miña, ao fondo. Dous barcos arrastreiros que acabaran a reparación e estaban preparados para saír ao mar." Asegurou José Benito Suárez, presidente da Autoridade Portuaria de Marín

Estes son o Mar do Rostro e o Praia de Esteiro. A Policia Nacional investiga se a orixe do lume puido comezar nun dos barcos que estaba en reparación. A autoridade portuaria colocou unha barreira anticontaminación para evitar que algún residuo afectase aos bancos marisqueiros. Tamén foi mobilizado o buque Irmán Nodales por se se producían verteduras.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2019