CRTVG

Buscar

Extinguido o incendio de Rois e controlado o de Vilar de Barrio

Publicado o 17/08/2021 14:12
Extinguido o incendio de Rois e controlado o de Vilar de Barrio

O incendio rexistrado no concello coruñés de Rois, na parroquia de Leroño, deuse por extinguido ás 11:45 horas deste martes, segundo informa a Consellería do Medio Rural sobre un lume que comezou o luns ás 16:26 horas. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 25 hectáreas, das cales 23 corresponden a monte arborizado e as dúas restantes, a raso.

Por outra banda, mantense controlado, desde as 18:46 horas do luns, o lume iniciado na localidade ourensá de Vilar de Barrio, na parroquia de Prado, ás 22,35 horas. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unhas 27 hectáreas, principalmente arboredo. Entre outros efectivos, participan 28 brigadas e tres helicópteros na súa extinción.

Noticias web

17/08/2021