CRTVG

Buscar

Extinguido o incendio de Ribas de Sil tras calcinar case 1.600 hectáreas

Publicado o 14/09/2021 20:29
Extinguido o incendio de Ribas de Sil tras calcinar case 1.600 hectáreas
EFE

O incendio forestal orixinado en Ribas de Sil o 6 de setembro quedou extinguido este martes, máis dunha semana despois, tras queimar 1.592,9 hectáreas, 559 de monte raso e o resto arborado.

A Consellería de Medio Rural informou nun comunicado de que o lume comezou como foco secundario das chamas desatadas a noite anterior en Nogueira, no mesmo concello, aínda que este primeiro incendio foi apagado en horas.

Nas tarefas de extinción do lume máis voraz traballaron 16 técnicos, 66 axentes, 147 brigadas, 63 motobombas, 15 pas, 8 avións e 14 helicópteros.

Tamén participaron nos labores de extinción persoal e medios da Unidade Militar de Emerxencias.

Noticias web

14/09/2021