CRTVG

Buscar

Exteriores tranquiliza a Marrocos ao respecto da súa postura sobre o Sáhara

Publicado o 24/02/2020 14:53

O secretario de Estado de Asuntos Sociais recibiu o venres a unha membro da Fronte Polisaria, a quen presentou en Twitter como 'ministra' saharauí, un estado que España non recoñece. O número dous de Iglesias borrou despois as publicacións para non prexudicar as relacións bilaterais, pero o asunto xa espertara as críticas de Marrocos.

A propia ministra de Asuntos Exteriores explica en Twitter que recibiu unha chamada do seu homólogo marroquí para interesarse pola reunión. González Laya di que lle aclarou que o publicado non reflicte a posición do Goberno español, que non cambiou no tocante ao Sáhara Occidental. Engade que non recoñece a República Árabe Saharauí Democrática, e apoia os esforzos de Nacións Unidas para buscar unha solución pacífica.

O vicepresidente do Goberno asume que é Exteriores quen fixa a postura neste asunto, e explica que a reunión tiña un obxectivo solidario.

 

Noticias web

24/02/2020