CRTVG

Buscar

Exteriores pídelle á Xustiza que peche as 'embaixadas' catalás en Berlín, Londres e Xenebra

Publicado o 02/07/2019 12:22
Exteriores pídelle á Xustiza que peche as 'embaixadas' catalás en Berlín, Londres e Xenebra

O Ministerio de Exteriores solicítalle ao Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña que paralice a actividade das chamadas embaixadas catalás abertas en Alemaña, Reino Unido e Suíza. Considera que as delegacións do goberno da Generalitat de Berlín, Londres e Xenebra realizan con singular intensidade labores en favor do proceso secesionista, que, lembra o escrito da Avogacía do Estado, foi declarado inconstitucional. Ademais, cre que son lesivas para os intereses do Estado español.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019