CRTVG

Buscar

Exteriores investigará a morte do coruñés Diego Bello

Publicado o 11/01/2020 22:21

Exteriores vai investigar a morte do coruñés, Diego Bello nas Filipinas. O Goberno español deu pasos na vía diplomática e a embaixada xa lle solicitou ao Ministerio de Exteriores que lle envíe canto antes unha comisión de servizos para que se investigue a morte deste mozo coruñés de 32 anos.  

Familiares e amigos de Diego Bello non queren que a súa morte caia no esquecemento. A Comisión de Dereitos Humanos da ONU xa cursou unha petición ao goberno filipino para realizarlle ao cadaver unha autopsia imparcial e investigar os feitos. 

Faleceu o martes pasado abatido a tiros pola policía filipina. Os axentes aseguran que se dedicaba ao narcotráfico, pero os amigos de Diego que se atopan na illa filipina negan que traficase con droga. Acusan a policía de fabricar probas e suxiren que puido ser un asasinato por encargo porque había un home que levaba tempo intentando comprarlle os seus negocios e Diego nunca quixo vender. 

 

Noticias web

11/01/2020