CRTVG

Buscar

Expourense acolle o Salón do Deporte o Turismo Activo

Publicado o 17/11/2018 23:32

120 expositores de ata sete países. O Salón do Deporte e o Turismo Activo ofrece en Expourense unha chea de posibilidades, unha ampla oferta turística dentro e fóra de Galicia. Sportur é unha especie de parque multiaventura con máis dun cento de actividades. 

Dende os máis pequenos ata os maiores. Para os aventureiros e tamén para os que prefiren algo máis tranquilo. Sportur chega na súa terceira edición cun programa con máis dun cento de propostas das federacións e clubes deportivos de Galicia. E para mostra, un botón. Porque aquí do que se trata é de probar, nunca se sabe din, cal pode ser o deporte axeitado para cada quen.

E son sen dúbida os cativos os que máis aproveitan a xornada. Porque mesmo lles dan a oportunidade de experimentar cómo sería iso de levar un barco e sen necesidade de auga. E se queren ver de preto deportes tan singulares como o da caza con arco, ou probar puntería nun simulador de tiro, este é tamén o lugar axeitado.

E entre tantas propostas tampouco faltan as de turismo activo, en destinos naturais e sostibles. Un amplo abano de posibilidades entre as que tampouco faltou a oportunidade de achegarse un pouquiño o ceo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/11/2018