CRTVG

Buscar

Expourense acolle a terceira edición da feira de antigüidades Antiq Auria

Publicado o 16/06/2019 15:37


Na época da revolución tecnolóxica, a Feira Antiq Auria devólvenos ao branco e negro... e a sintonización manual.

Baixo a etiqueta de "antigüidade" atopamos arte en todas as súas manifestacións e obxectos tan cotiáns como un termo para a comida. 

De Lisboa saíu este manequín para estudos médicos, de principios do século 20.

E esta carruaxe é dun particular, que non ten previsto darlle máis uso que o extrictamente decorativo.

Curiosidades, rarezas, e obxectos de colección, coma un tinteiro da terceira época de Sargadelos, segunda metade do século XIX.

Corenta expositores de distintos países de Europa amosan as súas pezas, dirixidas, maioritariamente, a público xa familiarizado co mercado de antigüidades.

É a terceira edición desta feira, que se clausura hoxe á tarde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/06/2019