CRTVG

Buscar

Exposición 'Xeografías do tempo', no CGAC

Publicado o 29/10/2018 18:04

25 anos buscando a relación entre os lugares e a historia. Con 'Xeografía do tempo', Bleda e Rosa, fotógrafos gañadores do Premio Nacional no 2008, reúnen cinco dos seus proxectos en que investigaron nestes conceptos. Estivemos con eles na inauguración desta nova exposición no Centro Galego de Arte Contemporánea en Compostela.

O silencio dos lugares que tiveron a importancia na historia. Espazos co seu propio tempo, coa súa memoria. Narracións que comezaron con estes campos de fútbol capturados entre o 92 e o 95 e que evolucionaron á mirada dobre de Campos de batalla. Imaxes desvestidas de referencias monumentais.

A incorporación dos textos no traballo coas imaxes é un dos procesos en que Bleda e Rosa avanzaron nestes anos de colaboración. Un enfoque máis para estas instantáneas sen aparente rastro humano.

O diálogo fotográfico entre María Bleda e José María Rosa ten un elemento máis: a cámara analóxica coa que traballan.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/10/2018