Exposición 'Gravitatorias', de Roberto Díaz
A Casa-Museo Picasso da Coruña, no seu espazo expositivo, presentanos Gravitatorias. Trátase das máis recentes obras creadas polo pintor coruñés Roberto Díaz. Despois de máis de 10 anos de ausencia da cidade, volve e nos fala do seu presente creativo.
'Gravitatorias' é o título desta exposición que/supón a volta a terra do artista coruñés. Pode visitarse na Casa Picasso da Coruña ata finais de novembro.
"É como se atopase o centro de gravidade, porque me sinto moi a gusto con esta exposición. É moi Rober. É un pouco o que quería facer sempre".
"Metinlle máis cor aos cadros. A figura é máis potente e tamén fala un pouquiño da reflexión das mulleres, o seu mundo, a soidade".
"Eu penso que cada un deles leva un momento meu persoal".
"Son unha persoa do século XXI pero gústanme moito Sorolla e Ramón Casas. Son pintores de finais do século XIX, principios do XX. E tamén moito Hopper, quizais non tanto a técnica que utilizaba pero si o concepto".
"Gústame moito a paisaxe urbana e aquí quixen conxugar as dúas cousas. O urbano, que se ve lonxe, e a paisaxe normal".
"E outra cousa, que non sei se te decataches e é que aquí hai un home"
"Tamén e unha muller. Si, si. Os que se están bañando, non sabemos pero, si, aquí hai un home.
Suxíreme moitas cousas a muller. A muller é un concepto moi amplo. Para min é un ser moi evolucionado. Se non pinto mulleres, non estou a gusto. Esa é a verdade".