CRTVG

Buscar

Exposición de René Heyvaert no CGAC

Publicado o 09/03/2019 15:15


Esta mañá inaugurouse no Centro Galego de Arte Contemporánea a exposición do artista belga René Heyvaert, unha retrospectivada da sua obra, 35 anos despois da súa morte.
Sinxela, sobria e ligada ás vangardas históricas. Así é a mostra deste creador, onde están presentes as postais que lle remitía á súa filla, as obras creadas a partir de materiais do diario e vencelladas coa arquitectura, a súa profesión.
Nos últimos anos recuperouse e púxose en valor o seu traballo, que inflúen nas xeracións máis novas.

Noticias web

09/03/2019