CRTVG

Buscar

Éxito de público na Exposición Internacional da Camelia, en Pontevedra

Publicado o 09/03/2019 23:16

Algo ten a camelia para que en Pontevedra leven xa 55 edicións celebrando o seu concurso exposición internacional. Son 42 as persoas produtoras que se inscribiron para participar. O xurado ten en conta a variedade, a calidade e a cantidade desta flor que é moi cultivada nas Rías Baixas. Houbo tamén unha demostración de cociña impartida por Iñaki Bretal na que o ingrediente prinicpal foi a camelia.

O primeiro rexistro que se ten da camelia é do século XVIII e é moi cultivada como especie ornamental en Galicia e, moi particularmente nas Rías Baixas, onde o clima favorece o seu cultivo. As mellores camelias están presentes, unha vez máis, no concurso exposición que se celebra en Pontevedra. 

Hai unhas 30 especies de camelia e unhas 1.500 cultivares, todas diferentes. 42 persoas produtoras participan no concurso e unha vez máis, a camelia de ouro marchou para Fene.

A camelia tamén é a gran protagonista no showcooking que ofreceu Iñaki Bretal. Vieira afumada, carneiro con zume de camelia, biscoito de té e todos os pratos aderezados con aceite de camelia.

A camelia converteuna Cocó Chanel nun símbolo de sofisticación a ela gustáballe pola súa aparente delicadeza.

Noticias web

09/03/2019