CRTVG

Buscar

Expomar amosa en Burela as últimas novidades do sector náutico-pesqueiro

Publicado o 11/05/2019 17:18


A feira Expomar de Burela serve de punto de encontro entre os profesionais da pesca e a Administración, ademais de ser un escaparate para a presentación das últimas novidades. 350 marcas da náutica e a pesca participan nesta feira que se propón como foro para falar do que de verdade importa no mar. Preséntanse alí ata este domingo os produtos máis novos e as tecnoloxías náuticas de última xeración.

O sector non oculta a súa preocupación ante o Brexit, o envellecemento da frota e o descenso do consumo de peixe. Os esforzos diríxense a facer atractivo o mundo do mar para garantir o relevo xeracional.

A feira náutico pesqueira de Expomar reúne máis de sesenta empresas que representan 350 marcas.

Noticias web

11/05/2019