CRTVG

Buscar

Os hospitais de campaña da Coruña e Santiago prepáranse para recibir os pacientes

Publicado o 01/04/2020 14:50

Todo en marcha para habilitar en Galicia arredor de 450 camas para pacientes que non precisen coidados de críticos. Os recintos de Expocoruña e o multiusos do Sar prepáranse para converterse en hospitais de campaña se así o requirira a demanda de atención sanitaria polo coronavirus.

Os hospitais da nosa comunidade están acollendo de xeito aínda fluído os pacientes, pero Sanidade quere ter todo a punto por se no pico da pandemia, que se agarda nas próximas semanas, se precisase desconxestionar os ingresos en planta.

Os pacientes serían atendidos nestas instalacións polos médicos dos propios hospitais de referencia que menos carga teñen tras da reprogramación de consultas e intervencións non urxentes. Auméntase tamén o espazo de unidades de críticos. Na Coruña hai xa dúas unidades funcionando con máis de 80 camas e unha terceira preparada se fose preciso.

A estes hospitais de campaña da Coruña e Santiago podería unirse un terceiro en Vigo, que ocuparía as instalacións do IFEVI.

Noticias web

01/04/2020

Máis sobre actualidade