CRTVG

Buscar

Susto para os veciños e só danos materiais tras estourar unha ambulancia na Cañiza

Publicado o 12/03/2019 19:54

Este era o momento en que ardía de madrugada unha ambulancia estacionada con centro da Cañiza. Segundo varias testemuñas, uns individuos lanzaron dende un coche un artefacto contra o vehículo, polo que podería tratarse dunha presunta sabotaxe relacionada co conflito no sector das ambulancias. Chegou a estourar unha das bombonas de osíxeno e producíronse danos en edificios lindeiros. 

Marcos Carrera, condutor da ambulancia calcinada: "Eu non quero entrar no tema, pero paréceme excesivo isto. Se é alguén do sector, que non vou dicir que sexa, pero, ben, creo que se pasaron un pouquiño".

Tamén se rexistraron incidentes en Pontevedra, onde outra ambulancia apareceu con pintadas. Malia que esta semana non había convocada folga, algunhas hipóteses apuntan a que podería tratarse de medidas de presión á patronal e xa se abriu unha investigación. 

Maica Larriba, subdelegada do Goberno en Pontevedra: "Eu non me atrevo a confirmar ese dato. Hai un proceso de folga do sector e polo tanto é posible, pero polo momento non podo confirmar ese dato ata que non estea pechada a investigación xudicial".

Se non hai acordos sobre o novo convenio do sector, os sindicatos teñen previsto iniciar unha folga indefinida a partir do vindeiro 20 de marzo.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2019