CRTVG

Buscar

Unha pomba causa unha explosión sen feridos nas vías da estación de Santiago

Publicado o 15/06/2020 10:56

Unha pomba que chocou contra a catenaria provocou unha explosión esta mañá nas vías do tren, nas proximidades da estación de ferrocarril de Santiago, sen que se producisen feridos.

O suceso ocorreu arredor das dez menos cuarto da mañá. Segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias, varios particulares deron aviso a esa hora dunha explosión, entre a zona das Brañas do Sar e a estación.

Os primeiros indicios apuntan a que a pequena explosión produciuse a consecuencia dun fallo eléctricona catenaria, orixinado por unha pomba que chocou contra a catenaria. Isto provocou quetodas as vías, agás a número 1, quedaran sen tensión, o que obrigou a cortalas.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Santiago, Policía Nacional e Policía Local.

Máis de medio cento de pasaxeiros procedentes de Vigo tiveron que viaxar desde Santiago ata a Coruña por estrada.

Fontes de Adif informan de que "xa están en execución os traballos de reparación para devolver a situación á normalidade no prazo máis breve posible".