47 falecidos e 90 feridos tras a explosión dunha planta química chinesa
Publicado o 22/03/2019 08:09
Unha grande explosión nunha planta química chinesa ao leste do país causou a morte de, polo que se sabe, 47 persoas, e deixou gravemente feridas outras noventa.
Un amplísimo dispositivo de urxencia foi despregado no lugar. O estoupido foi tan grande que incluso se detectou un pequeno terremoto. Parece ser que foi unha explosión de benzeno, un gas moi tóxico e inflamable.