CRTVG

Buscar

A Revista

Explicacións no Congreso da ministra de Política Territoral e Función Pública sobre o contido da Comisión Bilateral Estado-Cataluña celebrada en agosto

Publicado o 05/09/2018 13:00

No 'Telexornal mediodía' escoitaremos as explicacións no Congreso da ministra de Política Territoral e Función Pública, Meritxell Batet, sobre o contido da Comisión Bilateral Estado-Cataluña celebrada no mes de agosto.

Batet pediu lealdade e flexibilidade ao Goberno da Generalitat e a todos os partidos para superar a crise catalá. Dixo que non hai unha solución milagreira e por iso é preciso o esforzo de todos. A ministra asegurou que o encontro de agosto abriu unha axenda de normalidade na relación co Goberno catalán, e que este asumiu a súa responsabilidade de ir máis alá das súas reivindicacións soberanistas. Meritxell Batet aclarou que cuestións como a autodeterminación ou a existencia de presos políticos non foron aceptadas na bilateral.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

05/09/2018