CRTVG

Buscar

Expertos sanitarios aseguran que a inmunidade de grupo se alcanzará co 88 % da poboación vacinada

Publicado o 12/08/2021 20:53

Os expertos sanitarios alertan de que variantes moito máis contaxiosas, coma a delta, fan difícil controlar a pandemia. Din que para falar agora de inmunidade de grupo hai que ir a taxas de vacinación moito máis elevadas, de polo menos o 88 %. 

Non hai descanso para os expertos en epidemias, obrigados a reaxustar unha vez máis os cálculos canda nós. O catedrático Juan Gestal explícanos que unha das razóns de que agora se afaste a inmunidade de rabaño, dende un 70 ata o 88 % da poboación é a maior transmisibilidade da variante delta.

A receita para rebaixar as incidencias segue estando clara: din os expertos do comité clínico que son as vacinas e a protección. Protección e prudencia que se fan aínda máis necesarias se pensamos que son os nenos, menores de 12, os que aínda non teñen vacina dispoñible e que serán eles os expostos a potenciais mutacións. A loita debe ser mundial e aínda que os alarmismos son inútiles o 'sentidiño' segue sendo tan preciso como ao principio.

 

Noticias web

12/08/2021