CRTVG

Buscar

Expertos galegos e portugueses investigan os ataques das candorcas aos barcos

Publicado o 07/10/2020 14:46

Este verán aumentou a presenza de cetáceos na costa galega, pero a situación máis novidosa produciuse en agosto no golfo de Cádiz, cando un grupo de candorcas lle causou danos a unha embarcación de recreo. Protagonizaron episodios similares despois na costa portuguesa e en augas galegas.

Investigadores españois e lusos crearon un grupo de traballo para estudar o que eles denominan interaccións dos cetáceos coas embarcacións. Contabilizaron 40 este ano e na metade dos casos os barcos sufriron danos. Os expertos aseguran que a sua intención non é atacar senón que se trata dunha medida de autoprotección para evitar seren atacadas elas.

A recomendación dos expertos en caso dun contacto deste tipo é que se pare a embarcación e se deixe o temón á vía porque desa maneira as candorcas xa non perciben risco e perden interese no barco.

Noticias web

07/10/2020