CRTVG

Buscar

Expertos en TEA alertan na Coruña das noticias falsas sobre o autismo

Publicado o 10/05/2019 15:02

Un dos obxectivos do congreso é loitar contra as noticias falsas, alimentadas polas redes sociais, que crean falsas esperanzas nas familias que acaban de coñecer un diagnóstico de autismo e se aferran a teorías favorables pero irreais.

"Igual a máis favorable é a que di que se pode curar con pastillas, e sabemos que non", segundo Alberto Silva, educador de Aspanaes.

Feijóo tamén chamou a erradicar prexuízos sobre o autismo e a desinformación interesada, dixo, provocada por irresponsables.

"O autismo non se prevén rexeitando as vacinas, nin se cura con ningunha pseudoterapia nin coas absurdas recomendacións da mal chamada medicina alternativa. O autismo só se aborda dende o coñecemento científico e dende a atención psicoeducativa", afirmou Feijóo.

O presidente dixo que en Galicia cómpre solucionar o importante déficit que segundo Feijóo hai de prazas públicas para atender persoas con autismo cando acaban os estudos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019