CRTVG

Buscar

Aparecen restos biolóxicos de Yulen no pozo de Totalán tras as probas realizadas

Publicado o 16/01/2019 17:39

Continúan sen descando os traballos de rescate do neno de 2 anos que caeu nun pozo da localidade malagueña de Totalán. Por vez primeira, hai evidencias científicas da presenza do pequeno no interior do pozo. Así o confiman os resultados das probas de ADN realizadas aos restos biolóxicos recollidos do pozo e cotexadas co material xenético extraído aos seus familiares.

Os equipos de rescate que traballan nas proximidades do pozo de Totalán remataron a construción da plataforma desde a que partirá o túnel lateral que, aproveitando a pendente do terreo, intentará chegar ata a zona onde se estima que está atrapado o pequeno Julen, de 2 anos. As probas de ADN onfirmaron que os restos biolóxicos recollidos o pasado domingo no interior do pozo son do menor.Os restos, probablemente cabelos, foron cotexados co ADN dos pais e co extraído do biberón do neno.

Os expertos calculan que serán necesarias entre 24 e 48 horas para escavar a galeria lateral, ao que hai que sumar o tempo que os especialistas mineiros tardarán en abrir á man os últimos metros. Ao mesmo tempo abrirán un segundo pozo paralelo ao burato no que caeu o neno. Dada a complexidade dos traballos, que obrigan a facer ferramentas propias para esta escavación, unha ducia de empresas traballan na apertura das dúas galerías.

Os pais din "estar mortos" pero esperanzados

O pai do pequeno Julen falou esta mañá para dar as grazas por todo o esforzo que se estaba facendo para sacar do pozo o seu fillo. José Roselló di sentirse esperanzado en poder atopalo con vida. 

O pai do pequeno Julen recoñeceu esta mañá que o tempo se facía eterno agardando novas do equipo de rescate.  José Roselló agradeceu o apoio recibido nestes momentos tan duros. 

José Roselló, pai de Julen: "A miña muller está rota... Vaia! Dígovos o que vos dixen desde un primeiro momento... estamos mortos pero coa esperanza de que, temos un anxo que vai axudar, a que saia vivo o meu fillo de aí o antes posible."  

José reiterou o seu malestar polo tempo que tardou en chegar a axuda.

José Roselló, pai de Julen: "Eu xa lle contei todo a quen llo tiña que contar... sabédelo... pero..."

José Roselló estivo acompañado hoxe polo pai de Mari Luz Cortés, a quen lle agradeceu o apoio moral que estaba recibindo del. O pai de Julen deu as grazas de novo por toda a axuda recibida e dixo estar esperanzado en que o seu fillo sairá con vida do pozo. 

 

 

 

Noticias web

16/01/2019