CRTVG

Buscar

Expertos en ciberseguridad aconsellan non abrir enlaces descoñecidos

Publicado o 04/07/2019 14:37

As estafas por Internet aumentan e os expertos advirten os internautas que no dean os datos cando llos piden supostas páxinas bancarias ou empresariais sen antes estar seguros de que son as entidades que din ser. Unha das útimas estafas denunciadas pola Garda Civil chega en forma de mensaxe eletrónica que suplanta a identidade do banco do que é usuario o receptor.

"Rediríxennos a unha páxina que é falsa, que se parece moito a orixinal. Pídennos os datos, quedan con eles e acceden á paxina real e fanse co control da nosa información e do noso diñeiro", di Pilar Vila, axente forense informática fundadora de Forensic-Security.

Tanto a Garda Civil como os expertos recomendan non abrir os enlaces sospeitosos ou descoñecidos e fixarse moi ben en todos os detalles.

"Se facemos clic no link, que non deberiamos, pero se chegamos a facelo, ver realmente o nome na URL, que é o nome completo. Porque moitas veces, por poñer un exemplo, o nome dun banco que leva un b sustitúeno por un uve", explica Vila.

Pilar Vila desenvolve sistemas que detectan e frean ciberataques en equipos informáticos das empresas e elaboran informes forenses do ocorrido.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019