CRTVG

Buscar

Expertos do IBEC contribúen a identificar un fármaco que bloquea os efectos da COVID-19

Publicado o 02/04/2020 23:40
Expertos do IBEC contribúen a identificar un fármaco que bloquea os efectos da COVID-19

Un equipo de expertos do Instituto de Bioenxeñería de Cataluña (IBEC), no marco dun estudo internacional co Institute Karolinska de Suecia, o Institute of Molecular Biotechnology da Austrian Academy of Sciences e o Life Sciences Institute (LSI) da universidade de British Columbia, entre outros, identificou un fármaco, que se atopa na actualidade en fase clínica de probas, capaz de bloquear os efectos do virus SARS-Co-V2 na súa etapa temperá de infección. 

Utilizando minirriles xerados mediante técnicas de bioenxeñería, os investigadores do IBEC, liderados pola doutora Núria Montserrat, conseguiron descifrar como o SARS-Co-V2 interacciona e infecta as células humanas do ril.

O virus SARS-Co-V2 foi a orixe da enfermidade do coronavirus 2019, tamén coñecida como COVID-19.