CRTVG

Buscar

Expertos de 29 provincias analizan en Ribeira a violencia de xénero

Publicado o 10/07/2019 14:51

A arraigada educación machista é o único factor común en todos os casos de asasinatos de mulleres, que se producen por igual en calquera ámbito social. Expertos de 29 provincias analizan en Ribeira a violencia de xénero nun curso da Universidade de Santiago.

"A violencia de xénero é a manifestaciòn máis cruel e inhumana da desigualdade existente entre mulleres e homes no mundo",  dixo Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia 

A secretaria de Igualdade inaugurou con esta afirmación o curso sobre prevención e intervención en violencia de xénero, no que se puxo de manifesto que non hai un perfil claro de feminicida, senón que os asasinatos de mulleres se producen de igual xeito no medio rural ca no urbano e en calquera ámbito socioeconómico. O único factor común, segundo o departamento da Garda Civil que analiza caso a caso, é o machismo.

"O tipo de mentalidade machista, certos estereotipos do carácter latino moi marcados historicamente na concepción da muller e das funcións que realiza, sí que inflúen no trato, nos comportamentos nos roles de cada un na parella.
Hai moitas dificultades nos autores dos feminicidios de xestionar as súas emociós cando hai unha ruptura sentimental, tema de celos, tema de posesión...", sinalou José Manuel Quintana Touza, xefe do departamento de Análise do Comportamento Delitivo, da Policía Xudicial

Desde que en 2004 se aprobou a Lei integral de violencia de xénero, o número de vítimas mantense estable, cunha lixeira tendencia á baixa.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/07/2019