CRTVG

Buscar

Experimentan o método de "confusión sexual" para controlar a praga da couza do acio

Publicado o 04/06/2019 13:51

A couza do acio sae desta larva que aniña no medio. Hai 3 xeracións ao longo do ano, e son a segunda e a terceira as que poden causar máis danos na colleita, provocando a botrite, porque pican a uva e podrece. Combátese con pesticidas, pero hai un método que están experimentando nos viñedos das adegas Martin Códax, na busca da redución do uso de fitosanitarios, que resulta moi eficaz e que non require de praguicidas. É o método de confusión sexual.

Miguel Tubío, director técnico das Adegas Martin Códax, conta que consiste en xerar unha atmosfera dentro do viñedo liberando a feronoma específica dese insecto que usan para o apareamento e con iso os machos non son capaces de atopar as femias e por tanto non hai posta de ovos nin desenrolo da praga. Un método biorracional, moi sostible porque evita a aplicación de produtos químicos, e estamos nesa fase de validación definitiva para implantalo dentro da nosa superficie de xestión.

Os difusores das feromonas son estas cápsulas. Colócanse 400 por hectárea. Actualmente estase aplicando nunha superficie de 120 hectáreas no Salnés, e moitos viticultores da comarca estanse sumando ao uso deste método. Isto mellora a eficacia, porque canta máis superficie abrangue a eficiencia é maior.

Miguel Tubío asegura que a área de control ten que ser dunha superficie mínima de 4 hectáreas, incluso recomendan moito máis, pero con 4 hectáreas xa podía ser viable. Por tanto, hai un labor de concienciación e de difusión máis alá do que é o ámbito da nosa cooperativa, dos nosos viticultores, de intentar difundir a existenciad esta tecnica, explicala e demostrala, que é o que imos facer este ano, para que pouco a pouco se poidan sumar todos os viticultores da comarca e por que non, dentro duns anos, todo o que é a superficie de viñedo do Salnés poida estar controlando esta plaga con esta técnica

A eficacia do método mídese con estas trampas colocadas nos viñedos e que atrapan os machos da couza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019