CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Experiencias de turismo rural para o outono

Publicado o 19/09/2018 15:26

Medra o turismo fóra de temporada, sobre todo no rural. Por iso, preto de 40 establecementos únense para ofrecer un catálogo de outono con experiencias que inclúen desde rutas de sendeirismo á colleita de cogomelos.

Participar na colleita de mazá e facer sidra, vendimar, facer rutas de sendeirismo, descenso polo río ou simplemente gozar da gastronomía local son parte das 37 experiencias que ofrecen outros tantos establecementos de turismo rural e que buscan con estas propostas animar todo tipo de público a gozar do outono.

Son experiencias dirixidas a familias, a parellas e a grupos que se van poder realizar nos meses de outubro e novembro nas casas de turismo rural adheridas a este programa. Co lema 'Viaxa polos camiños de outono' propoñen unha chea de actividades que comezan xa a última fin de semana de setembro, cunha sorpresa por parte de cada un dos establecementos participantes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí