CRTVG

Buscar

Expedientados o dono da leira e a empresa que fixo o pozo en que caeu Julen

Publicado o 20/02/2019 18:33



Expedientados o dono da leira e a empresa que fixo o pozo en que caeu Julen
A Junta de Andalucía abriu un procedemento sancionador por unha infracción "moi grave" en materia de seguridade mineira ao propietario da leira de Totalán e á empresa de perforación do pozo en que caeu e morreu o pequeno Julen o pasado mes de xaneiro.
O procedemento sancionador coñeceuse tras a reunión que mantiveron o delegado do Goberno en Andalucía, Alfonso Rodríguez Gómez de Celis, con representantes da Junta, da Federación Andaluza de Municipios e Provincias, de tres confederacións hidrográficas e da Garda Civil, para intensificar o control dos pozos ilegais.
En conferencia de prensa, Gómez de Celis desvelou que a Junta de Andalucía anunciara durante a reunión que se presentou un procedemento sancionador, aínda que non especificou o alcance do mesmo, algo que confirmaron fontes da Consellería de Facenda, competente en materia de minas. 
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2019