Expectación en Ourense ante o posible alivio das restricións
Publicado o 01/12/2020 14:25
Din no comité clínico que os resultados son bos e que poderían aliviar as restricións en Ourense. Os ourensáns están desexando ver os seus seres queridos.
Tamén na mente de moitos, a apertura dos bares e das cafeterías; falan os veciños de que hai que axudar a hostelería.
Ourense está a piques de facer dous meses con limitacións. É o concello que leva máis tempo con medidas para frear a pandemia. Asegura o alcalde Pérez Jácome que deberían aliviar restricións por ser o concello onde máis tempo se desenvolven esas limitacións.
Haberá que agardar decisións. Iso si, se hai alivio, os ourensáns piden prudencia. Hoxe hai en Ourense 124 casos activos dos 572 que se rexistraron no pico desta segunda vaga da pandemia.