CRTVG

Buscar

Expectación en Boiro ante o xuízo contra o Chicle polo intento de rapto dunha moza da vila

Publicado o 10/04/2019 13:30

Os veciños viven con expectación o que pode ser a antesala do xuízo sobre a morte de Diana Quer. Non deixan de amosar curiosidade pola incerteza do veredicto deste caso. Todos coñecen o Chicle. Ninguén pode dicir que lle sorprenda que sente no banco dos acusados.

Os veciños din que andaba bastante, escapaba. Non estaba sempre no mesmo sitio. E pouco a pouco íase collendo porque xente íao acosando.

"Non sabiamos que era tan agresivo. Desa persona non sorpende nada. Máis ou menos, xa a Guardia Civil desconfiaba del. E ao caer os dous rapaces que o viron coller a rapaza xa caeu todo".

O Chicle é moi coñecido na contorna, segundo din, pola súa actividade como mariscador furtivo, pero tamén por outras facetas, como a súa participación en carreiras pedestres da comarca. No momento da súa detención algúns veciños facían fincapé na frialdade do individuo. Agora moitos gardan silencio.

En Boiro aseguran que se el conseguise levar a moza esta de aquí de Boiro ía ir para o mesmo sitio.

"Non lle pido máis a ese señor e as autoridades, se teñen algo de dignidade, que podreza no cárcere. El e catro coma el. A min gústanme as mulleres unha barbaridade, eh, pero téñoas que deixar pasar que non son miñas. Teño a miña na casa e chégame ben".

Daquela os veciños de Boiro xa condenaron o intento de secuestro polo que é xulgado hoxe. Ninguén se explica como José Enrique Abuín Gey puido pasar máis dun ano sen levantar sospeitas. Polos seus coñecidos antecedentes, na vila falan dun tipo afeito a manexarse no mundo da venda de drogas e cun pasado como presunto abusador sexual. Un home capaz de facer unha barbaridade, pero sen a intelixencia suficiente para ser capaz de manter agochado o seu lado escuro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2019