CRTVG

Buscar

Expectación e prudencia entre os transportistas do carbón ante a inminente proposta do Goberno

Publicado o 02/10/2019 21:05

Expectantes e prudentes se amosan os transportistas que manteñen o seu peche na Casa do Concello das Pontes desde o pasado 9 de setembro. Din estar á espera de coñecer nas próximas horas se hai unha proposta concreta para este colectivo de camioneiros que sofre xa máis de cinco meses de paro tras o cesamento da actividade da central térmica de Endesa.

Desde a Asociación de comerciantes, hostaleiros e empresarios das Pontes falan de certo optimismo tras a xuntanza celebrada esta mañá no Ministerio de Transición Ecolóxica pola implicación amosada polas administracións coa situación que atravesa a localidade. 

Os transportistas do carbón non se atreven a aventurar que vai pasar a partir de agora ata coñecer con maior detalle o contido da xuntanza celebrada no Ministerio de Transición Ecolóxica.

Certo optimismo é o que trasladan desde a Asociación de comerciantes, hostaleiros de empresarios das Pontes. Nas rúas da localidade tamén se respira un ambiente de expectación ante unha situación que recoñecen complexa.

O novo panorama será analizado este xoves nunha xuntanza da comisión creada nas Pontes polos sectores afectados.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019